Dez anos de Código Cero…qué mérito!!

16 feb 2012 por     0 Comentarios    Publicado en: Social Media News

Por Marcus fernandez, Subdirector/

revista Código Cero nun macbook air

Dez anos da publicación mensual da revista Código Cero…qué proeza!!

Facer un repaso da historia de Código Cero é un interesante exercicio de memoria para os que a vivimos, especialmente polas súas liñas cronolóxicas paralelas, nas que a radio, a web e o papel cruzaron as súas traxectorias en numerosas ocasións, dando lugar ao produto actual e sendo a estas sinerxías imprescindibles para chegar a este número 100 e aos 10 anos de vida da nosa edición impresa.
En 2001, como complemento ao programa Código da Radio Galega, creouse unha páxina web que recollía informacións tecnolóxicas, principalmente para facilitar a achega de máis información por parte dos oíntes ante a dificultade de dar enderezos de Internet a través das ondas radiofónicas, pero esta criatura foi collendo corpo de seu, e ás poucas semanas estreou boletíns por correo electrónico, entre os que habería que destacar un semanal no que se incluía un resumo semanal en formato PDF, que podería considerarse coma o precursor desta publicación. Esta iniciativa altruísta conseguiu aos poucos meses un recoñecemento da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, polo que as persoas involucradas no proxecto decidimos apostar pola súa profesionalización, e así, a finais de ano, preparamos o que sería o número 1 de Código Cero.
Nos seguintes anos, outros serían os recoñecementos que recibiría esta iniciativa que defende tanto o sector tecnolóxico galego como a nosa lingua, e así, en 2004 a Asociación de Empresas Galegas Adicadas á Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET) tivo a ben premiarnos como a mellor páxina web dun medio de comunicación, para que en 2007 a Enxebre Orde da Vieira fixese o propio outorgándonos o trofeo Galeguidade ao Medio de Comunicación Social; aínda que o noso 10º aniversario tamén serviu de aliciente para que AGESTIC cos seus Premios INNOVA-G e o Colexio Profesional de Enxeñeiros en Informática de Galicia decidisen lembrar o noso facer destacándoo en cadansúa entrega de premios.

portada Codigo Cero 10 anos
Pero o recoñecemento ao que damos máis importancia non vén en forma de trofeo, senón que é o que depositan en nós tanto os lectores que consultan periodicamente as nosas publicación coma as empresas e administracións públicas que confían a difusión das súas actividades nas nosas páxinas impresas e electrónicas. A todos eles debemos a nosa existencia, e chegar aos 10 anos de actividade.
Pero esta traxectoria non a percorremos sen certa metamorfose, xa que cando nacemos tiñamos unha páxina web centrada no texto e unha revista en formato tabloide (sen cor en todas as súas páxinas) e segundo fomos avanzando, na Internet gañamos gráficos cada vez máis grandes e outros elementos enriquecedores, mentres que no papel contamos cada vez con máis cor para transformar finalmente a nosa publicación a un tamaño máis compacto (DIN A4) gañando en manexabilidade e cunha aparencia máis atractiva.
Tamén volvemos a colaborar coa Radio Galega na achega de información tecnolóxica á súa audiencia, servindo o paréntese de ausencia no medio radiofónico para ser conscientes dos cambios do sector TIC en Galicia, pois pasamos dun Código no que a información tecnolóxica era principalmente global a un programa Banda Ancha con multitude de iniciativas galegas e convidados que ilustran aos nosos seguidores sobre o dinamismo que as Tecnoloxías da Información e a Comunicación teñen na nosa terra, desbotando o termo de novas tecnoloxías e deixando claro que estamos ante un sector produtivo máis con moito futuro.

Resulta difícil facernos unha idea do que será de Código Cero nos vindeiros 10 anos, nos que as publicacións impresas parecen destinadas a desaparecer e os soportes móbiles gañan cada vez máis forza, pero o noso compromiso pola información tecnolóxica de Galicia e en galego seguirá inmutable, polo que o único que podemos pedir dende aquí e que se manteñan os moitos apoios que fan posible que este proxecto seguise vivo todo este tempo. Grazas a todos.

Deja un comentario

ENTIDADES COLABORADORES

Desde Santiago de Compostela os invitamos a todas las instituciones a apoyar esta iniciativa si la consideráis interesante. Pretendemos conectarnos con otras acciones similares que se llevan a cabo en la geografía española y que desde aquí os invitamos ya a conocer. Queremos vincular a todos los profesionales de la web 2.0, haciendo, en la medida de lo posible, networking. compostweets@compostweets.com

Organiza: Lúdica 7

Lúdica7

Actividad

  • 2013 (36)
  • 2012 (27)
  • 2011 (109)
  • 2010 (4)

Síguenos en Facebook