Nela Bernal:A Fervenza do Sur lembra que o sexo vai con nós

13 Feb 2012 por compostweets    0 Comentarios    Publicado en: Social Media News

afervenza Nela Bernal:A Fervenza do Sur lembra que o sexo vai con nós

afervenzadosur O sexo é unha cousa cotiá, e temos que falar del

Os deportes chaman e, como tal, fálase deses. A economía interesa, porque nos toca moi de preto, e a cotío debatimos ao redor dela, ou nos frustramos ante ela. A música gusta, e aí está, en boca de todos…

O sexo tamén chama, interesa, frustra, e gusta, abofé que si. E vende. Porén, segue gardado as máis das veces baixo a chave de prexuizos do pasado que veñen como pantasmas aos nosos presentes e interfiren por entre as sabas e os desexos.

Diso vai A Fervenza do Sur, de lembrar que o sexo vai con nós, como parte natural das nosas vidas, como unha faceta que como tal debería ser proxectada. Por ausencia ou presenza, por carencia ou exceso, ninguén se libra, canda menos, de pensalo. Non hai nesta filosofía afán exhibicionista, mais si ecolóxica na medida que defende unha volta ao natural, ao sexo real, ao goce verdadeiro, ao follar os corpos e follar as mentes … Ao espirse de roupa e de tabúes. A ‘desaprender’ para coñecérmonos…

No entanto, as ferramentas globais e do social-media facilitan en parte a tarefa e colocan o sexo nun escaparate de acceso democratizado, mais necesariamente controlado, que abre as portas a un consumo normalizado –e lexítimo, enténdese- do produto sexual.
Nado como proxecto de blog de sexo -que non de xénero- nunha calorosa, como non podía ser doutra forma, xornada de verán do 2010, e reformulado hai escaso medio ano, o balcón da Fervenza é un espazo sempre aberto onde se mesturan sexperiencias, reflexións, anécdotas e novidades socio-científicas na materia, que ‘habelas hailas’. Non sabe de política, nin de prexuizos, nin de idades. Nin profesa máis relixión que a do pracer.

Desto e do que queirades preguntar falaremos en Compostweets.

afervenzadosur.wordpress.com
facebook.com/afervenzadosur
@afervenzadosur

Deja un comentario

ENTIDADES COLABORADORES

Desde Santiago de Compostela os invitamos a todas las instituciones a apoyar esta iniciativa si la consideráis interesante. Pretendemos conectarnos con otras acciones similares que se llevan a cabo en la geografía española y que desde aquí os invitamos ya a conocer. Queremos vincular a todos los profesionales de la web 2.0, haciendo, en la medida de lo posible, networking. compostweets@compostweets.com

Inscríbete: Curso de WordPress

Organiza: Lúdica 7

Lúdica7

Actividad

  • 2012 (21)
  • 2011 (109)
  • 2010 (4)

Síguenos en Facebook